Aeródromo en Xermade
Ja ja ja, ¡fuiste engañado!
¡ERA UNA BROMA!
Hace 4 meses - Leído 60 veces
A Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), entidade dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, ven de dar a coñecer a autorización para a creación dun “Aeródromo deportivo e de apoio a Servizos Públicos” no Polígono Industrial do Concello de Xermade (Lugo). A Xunta de Galicia ten previsto a publicación da licitación para a contratación da obra durante o próximo mes de xaneiro. O orzamento de licitación ascende a 193.600 euros, e o plazo de execución será de sete meses: dous meses para a redacción do Estudio técnico Fase 1 e cinco meses para a dirección da obra e Fase 2. As ofertas poderán presentarse ata mediados do mes de febreiro. O Alcalde do municipio, Roberto García Pernas, valora esta nova como “unha gran oportunidade para Xermade”, xa que a instalación activará o deporte aeronáutico, permitirá dispor de instalacións para impartir obradoiros de aeromodelismo, simuladores, escola e formación de drons, e todas as disciplinas de voo e aviación xeral e deportiva, así como poderá tamén ser utilizado como pista de voo en casos de emerxencias (incendios, urxencias médicas).